A Dirección Técnica da Federación Galega de Balonmán deu a coñecer a relación de convocadas para realizar unha sesión de adestramento o domingo 18 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón do Carballal (Candeán - VIGO) co obxecto de ir creando a SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA para poder participar nas actividades nacionais creadas para estas.
A continuación, podedes descargar a relación de convocadas.