Hoxe tivo lugar o sorteo do Campionato Estatal de seleccións territoriais xuvenís masculinas e femininas, que se celebrará en Granada entre os días 3 e 8 de xaneiro de 2012.
A selección galega feminina quedou encadrada no grupo A xunto a Catalunya, Castela e León e Madrid. Pola súa banda, o equipo galego masculino xogará contra Castela e León, Castela a Mancha e Asturias.
A continuación podedes descargar o calendario de competición