Loito no balonmán vigués polo pasamento no día de onte de Ángeles Iñarrea, Dona de Antón Piñeiro Lorenzo, Presidente do Club Bm. Seis do Nadal de Coia.
Os seus restos mortais están a ser velados no Tanatorio de Pereiró. Mañá venres será incinerada ás 12:30 horas nun acto íntimo e pola tarde ás 18:00 horas, terá lugar un acto na súa memoria na Igrexa do Cristo da Victoria.
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Luis Pérez Ouro; o presidente do Comité Galego de Árbitros, Jesús Pedrido Conde; a Xunta Directiva, os membros da Federación, e o Balonmán Galego unense a dor de familiares e amigos, transmitindolles o pésame,e mostrando o seu cariño nestes difíciles momentos.
D.E.P.