A Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego deron a coñecer o listado de solicitudes admitidas, excluidas e coa documentación incompleta no marco da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012.
O prazo para subsanar erros e presentar a documentación requerida pola administración autonómica finaliza o próximo MARTES 26 de XULLO. A documentación requerida unicamente pode ser presentada de dúas formas:
- no rexistro da Fundación Deporte Galego, en Santiago de Compostela. (de 9:00 a 14:00 h).
- mediante correo certificado.
Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.