No mesmo participarán adestradores e xogadores tan destacados como Manuel Cadenas Montañés (adestrador do C.B. Granollers, que foi elixido mellor adestrador de ASOBAL na tempada 2010-11), José Javier González (adestrador do Nathurhause de Logroño ASOBAL e nominado mellor adestrador ASOBAL tempada 2009-2010) e Chema Rodríguez, xogador internacional e pertencente ao Ciudad Real de ASOBAL. Esta actividade é organizada pola Federación Galega de Balonmán e conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Cambados.
O director deportivo do campus é Francisco Teixeira, mentres que o director executivo é Javier Alonso. O campus do traballo non se limita ao traballo diario no pavillón, senón que tamén haberá charlas e actos turísticos. Desta forma, Pablo Cacheda (internacional xuvenil e xogador do Academia Octavio), Pedro Rodríguez (xogador Naturhouse La Rioja), Estela Doiro (xogador internacional absoluta pertence CB Porriño), Abel Estévez (adestrador CB Porriño División de Honra feminina) e Rodrigo Costas (presidente do Comité Nacional de Árbitros da RFEB).
Ademais das sesións de tecnificación practicarán balonmán praia, terán excursión en barco pola ría, visita a unha adega para coñecer o proceso de elaboración do viño, coñecemento das técnicas de extracción do marisco, complementado con actividades diarias de ocio e tempo libre.
O acto de benvida do “V Campus de Tecnificación terá lugar o día 25 de xuño ás 13:00 no Pavillón Municipal de Deportes de Cambados Pombal (Rúa Pombal, s/n)
|