A selección galega xuvenil feminina proclamouse campioa do IV Memorial Tito Pispieiro, despois de superar ao BM Narón e a selección sénior da Universidade de Santiago.
O combinado galego gañou con certa facilidade á selección de Santiago, que acudía a esta cita con importantes baixas, feito que puido verse reflectido no rendemento do equipo (22-7). No terceiro partido contra o BM Narón, a selección xuvenil non o tivo tan sinxelo. O choque comezou igualdado e no marcador íanse rexistrando empates, ata que pouco a pouco Galicia foi logrando distanciarse ata lograr o 21-11 final. O partido entre a selección Universitaria de Santiago e o BM Narón finalizou coa vitoria deste último por 13-16.
Clasificación final:
1º.- Seleccion Galega Xuvenil
2º .- BM Narón
3º.- Selección Universidade de Santiago