Pablo Cacheda (Academia Octavio) e David Chapela e Tomás Moreira (Unión BM Lavadores) foron convocados pola Federación Española de Balonmán para formar parte da selección xuvenil española, que realizará varias concentracións e preprará o Mundial que se disputará en Arxentina en agosto.
A concentración comezará a primeiros de xullo (do 5 ao 13) e repetirase na segunda quincena (18 ao 28). Nesta segunda concentración xogarán un dobre partido amistoso contra Qatar, a onde terán que desprazarse. A terceira etapa de concentración será no mes de agosto, que será cando viaxen a Arxentina para a disputada do Mundial.