Este sitio web utiliza cookies para analizar cómo es utilizado el sitio. Si continuas navegando supone la aceptación de la Política de Cookies. +INFO -
Política de cookies +

GALICIA SUPERA A ARXENTINA NUN GRAN PARTIDO EN TUI

Fecha: 11/01/2012


A ilusión da selección galega gañou hoxe ás importantes ausencias coas que o equipo de Fran Teixeira enfrontaba o choque de hoxe contra Arxentina. Desta forma, cunha boa defensa e a actuación dun espectacular Pedrosa, os galegos lograron a vitoria fronte ao colectivo albiceleste (30-28).
O partido estivo moi axustando dende o principio aínda que case sempre estaba por diante no marcador Galicia (5-3, minuto 10; 13-11, minuto 25) e así chegaron ao descanso co equipo local mandado por un gol de diferenza (13-12). Os homes de Teixeira apertaban en defensa e dificultaban os movementos do campión panamericano, que enseguida se deu conta de que non ía ter un rival sinxelo diante.
Tralo descanso, Arxentina saiu concienciada de dar a volta ao marcador e lograron facelo. Así chegaron ao ter catro tantos de vantaxe no minuto 44 do choque. Pero Galicia non se rendeu e cun Pedrosa espectacular en meta foron recortando distancias ata lograr o empate a 24 no minuto 54 do encontro. E xa non houbo forma de paralos. Os galegos querían gañar o partido ante un pavillón moi participativo que gozaba cada gol dos locais e cada parada do meta do Novás.
 
Nestes intres decisivos Dasilva marcou dous goles importantísimos e Galicia logrou unha distancia de dous tantos que xa foi insuperable para Arxentina. A falta de menos de dous minutos ara o final e co dous goles por debaixo o técnico Eduardo Gallardo pediu tempo morto, pero Galicia soubo xogar perfectamente e non pasou apuros no marcador.
 
FICHA TÉCNICA:
GALICIA: Javier Díaz (p); Varela (2), Sánchez Figueroa (3), Pousada Magdaleno (2), Salgado Velo (2), Rosales (4), Víctor Frades (-), Dasilva (5), Martín Fernández (2), Cerillo (5), Martínez Vicente (4), Pedrosa (p), García Barreiro (1). Adestrador: Fran Teixeira.
ARXENTINA: Matías Schulz (p), Federico Fernández (1), Federico Pizarro (4), Pablo Portela, Andrés Kogovsek (4), Mariano Canepa (1), Lucas Moras (4), Federico Vieyra (2), Francisco Schiafino (1), Fernando García (p), Juan Pablo Fernández (4), Damián Migueles (2), Adrián Portela, Maxi Ferro (2), Gonzalo Carou (3), Guido Ricobelli (22). Adestrador: Eduardo Gallardo.
ÁRBITROS: Carla Diz e Ana Correa. Amarillas para Frade Fontán, Dasilva e Cerqueira (Galicia) e Pablo Portela e Federico Vieyra (Arxentina). Dous minutos para os galegos: Varela Quintela, Pousada Magdaleno, Frade Fontán, Cerillo e Cerqueira (en dúas ocasións). Por Arxentina, expulsión para Pizarro.
PARCIALES: 4-1, 5-3, 7-7, 9-9, 13-11, 13-12 (descanso), 16-15, 17-18, 19-22, 22-23, 26-25, 30-28 (final)
INCIDENCIAS: Partido internacional amigable disputado no Pavillón Municipal de Tui. Moi boa entrada. No descanso, homenaxe á selección galega cadete masculina, que logrou a medalla de prata no Campionato de España.
 


Imaxes:


Más noticias
VIII CAMPUS JDR 2014
Campionato Galego de Balonmán Praia 2014
Desafío Solidario
Balonmán na Rúa 2014
Día de Balonmán na Rúa 2014 - Cangas
Campionato Galego Balonmán Praia Base
Mes anterior   julio 2014   Mes siguiente
L M X J V S D
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
             

Contador

3385597

Usuarios Rexistrados

Usuario
Contraseña

DCL Informática