A selección galega segue viva. Mañá mércores 11 de xaneiro (20:30 horas, entrada gratuíta) xogará contra Arxentina no novo pavillón municipal de Tui e tentará seguir coa súa boa racha de resultados.
O combinado dirixido por Fran Teixeira está formado por xogadores pertencentes a clubs galegos (Octavio, Novás, Lalín, Frigoríficos do Morrazo, Teucro e BM Chapela) e ten importantes baixas con respecto á última convocatoria internacional (maio de 2010), coma a de Iván Infestas (retirado) ou de xogadores de clubs de Asobal. Ademais tampouco estarán os tres galegos subcampións do mundo xuvenís (Pablo Cacheda, David Chapela e Tomás Moreira), xa que se atopan concentrados en Tui coa selección española xúnior preparando o Tonreo IV Nacións. E para rematar, temos que recordar a Alejandro López, falecido, que foi o seleccionador galego xunto a Teixeira a nos choques do 2010.
A pesar diso, a selección galega tentará superar a Arxentina neste choque, no que tamén será homenaxeada a selección galega cadete masculina, que logrou o subcampionato de España a pasada fin de semana en Murcia.
O rival. Arxentina atópase de xira en España e hai uns días disputou o XI Memorial Domingo Barcenas, no que logrou una vitoria contra Túnez e caeu derrotado fronte a España. O conxunto dirixido por Eduardo Gallardo xa logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres, tras proclamarse campión panamericano.
| Adjuntos: | |
![]() |
Plantel SELECCION ARGENTINA DE BALONMAN.pdf |
![]() |
convocatoria galicia.pdf |
| Imaxes: | |
|