A selección galega xuvenil masculina terá que loitar mañá (10:00 horas) pola medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais, que finalizará mañá en Granada. Galicia caeu derrotado hoxe contra Catalunya (28_36) e agora xa pensa no novo obxectivo: A medalla de bronce.
No partido de hoxe, Galicia foi sempre por detrás no marcador. Nos primeiros quince minutos as rentas eran moi curtas, pero a partir do minuto quince Catalunya disparouse no marcador ata chegar no minuto 29 a 11 goles de distancia (17-8). Na segunda metade, a selección galega non tivo opcións de meter en apuros ao seu rival, que controlou o choque ata o remate.
Agora toca esquecer esta derrota e pensar no partido de mañá fronte ao equipo anfitrión, Andalucía. En xogo está a medalla de bronce, e os homes de Jorge Fernández, queren un metal.
Na categoría feminina, Galicia gañou cunha enorme superioridade a Aragón (41-19).