Este sitio web utiliza cookies para analizar cómo es utilizado el sitio. Si continuas navegando supone la aceptación de la Política de Cookies. +INFO -
Política de cookies +

A SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA DISPUTARÁ MAÑÁ A FINAL CONTRA CATALUNYA

Fecha: 06/01/2012


A selección galega cadete masculina deu un magnífico regalo de reis a todo o balonmán galego ao lograr clasificarse para a final do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se está a disputar en San Javier (Murcia). Galicia xa ten asegurada a prata pero buscará o ouro fronte a Catalunya (12:30 horas). Ademais, o equipo infantil feminino loitará polo bronce fronte a Navarra, tras perdeu hoxe a semifinal contra Canarias (23-17).
 
Cadete masculino. Sen dúbida, a mellor noticia do día. Galicia logrou a clasificación para a final nun partido que controlou totalmente e onde amosou unha grande superioridade sobre Madrid (28-41). Agora falta so un partido para a guinda final, para alcanzar o ouro: Catalunya. Os galegos buscarán ademais a revancha, xa que o único partido que perdeu a selección galega neste torneo foi contra Catalunya a e ademais por unha diferenza excesiva.
 
Infantil feminino.  Galicia loitaba contra Canarias por un posto na final, pero non foi posibel (23-17). Era a segunda vez que Galicia xogaba contra Canarias neste torneo (perdera o primeiro encontro) e aínda que as nosas rapazas tiñan ganas de devolverlles a moeda, non foi posíbel. Galicia, cunha defensa 6.0,  fixo un gran traballo nas tarefas defensivas e apenas encaixou goles, pero en ataque estaba atascada. Así, erraron clarísimas ocasións de gol e acusaron o cansanzo acumulado. Mañá, tentarán conseguir a medalla de bronce contra Navarra as 9:30 e quitar así o mal sabor de boca do partido de hoxe.
 
Infantil masculino. Galicia gañou á Comunidade Valenciana por dous goles de diferenza (29-27) e mañá disputará contra Asturias o quinto posto (11:00 horas).
 
Cadete feminino. A selección galega finalizou a competición cun triunfo fronte a Catalunya (28-17) e rematou o campionato na novena posición.


Imaxes:


Más noticias
VIII CAMPUS JDR 2014
Campionato Galego de Balonmán Praia 2014
Desafío Solidario
Balonmán na Rúa 2014
Día de Balonmán na Rúa 2014 - Cangas
Campionato Galego Balonmán Praia Base
Mes anterior   agosto 2014   Mes siguiente
L M X J V S D
        01 02 03
04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
             

Contador

3420079

Usuarios Rexistrados

Usuario
Contraseña

DCL Informática