Dúas de tres. Galicia loitaba hoxe por lograr a clasificación para as semifinais do Campionato de España Infantil e Cadete e os equipos infantil feminino e cadete masculino lograron superar os cuartos e entrar na loita polas medallas.
A selección galega infantil feminina, que deixou os nervos atrás, acadou o pase ás semifinais ao superar a Madrid (19-23). O equipo saíu moi concentrado ao campo e realizou unha moi boa primeira parte na que estiveron sempre por riba no marcador. A segunda parte comezou cunha pequena recuperación por parte das madrileñas, pero as galegas non estaban dispostar a perder este importante partido e mantiveron a distancia no marcador.
Mañá as rapazas terán un partido importantísimo fronte a Canarias (10:30 horas), no que tentarán conseguir o pase á final.
E tamén houbo premio para o equipo cadete masculino. Galicia enfrontouse a Castela e León e logrou unha moi ampla vitoria que confirmou a superioridade dos galegos. Mañá toca a loita pola final e enfronte estará Madrid (10:30 horas).
A desilusión foi para o equipo infantil masculino, xa que non superou os cuartos fronte a Andalucía (25-34). O conxunto galego non puido poñerse por diante no marcador en ningún momento (ao descanso, 15-20), e os andaluces lograron unha ampla vitoria. Hoxe, o conxunto galego xogará contra Valencia (10:30 horas), na loita polo quinto posto.
E xa para rematar, suliñar que a selección cadete feminina, que quedara fóra dos cuartos, onte gañou a Navarra nun cómodo encontro (29-19), e mañá loitará polo noveno posto na clasificación final fronte a Catalunya (13:30).