Xornada regular para os intereses galegos no Campionato de España de Seleccións Territoriais Infantil e Cadete que se están a disputar en San Javier (Murcia). Tres derrotas (cadete feminino, infantil masculino e infantil feminino) e unha vitoria (cadete masculino).
A selección infantil masculina, que gañara os dous partidos de onte, caeu derrotada hoxe contra Castela e León (26-29), pero o importante será o que suceda mañá, xa que disputarán o partido clave: cuartso de final. O choque será ás 10:30 horas e o rival é Andalucía.
Infantil feminina. O equipo galego caeu de forma rotunda contra Canarias (23-13), pero xa tiña garantido o paso a cuartos, onde terá que enfrontarse a Madrid (12:00 horas).
Cadete masculino. Hoxe Galicia logrou un apertado triunfo fronte a Andalucía (26-27) e logrou o pase a cuartos onde terá que verse as caras con Castela e León (11:00 horas).
Cadete feminino. Foi o último partido do día e a derrota máis dolorosa, xa que o equipo galego necesitaba gañar para clasificarse para os cuartos de final e non foi posible. Galicia xogaba contra Castela e León e perdeu 25-29, nun partido chave.