25/05/2013
GALICIA E ITALIA DISPUTARÁN MAÑÁ A FINAL DO IV NACIÓNS EN CARBALLO
GALICIA E ITALIA DISPUTARÁN MAÑÁ A FINAL DO IV NACIÓNS EN CARBALLO
Galicia e Italia disputarán mañá (23:00 horas) a final do Torneo Internacional Feminino IV Nacións, que se está a disputar esta fin de semana en Carballo. A selección galega logrou o pase eliminando con moita facilidade a Euskadi (34-21), nun partido que non tivo emoción algunha xa que as galegas foron claras dominadoras dende o inicio. Italia deu a sorpresa ao eliminar a Cataluña (23-22), nun apertado encontro que se decidiu no último minuto a favo ... Leer más
25/05/2013
GALICIA, MOI SUPERIOR A EUSKADI NAS SEMIFINAIS DO IV NACIÓNS
GALICIA, MOI SUPERIOR A EUSKADI NAS SEMIFINAIS DO IV NACIÓNS
Magnífico partido o da selección galega nas semifinais do Torneo IV Nacións de balonmán feminino. Galicia foi moi superior a Euskadi (34-21) e plantouse na final que disputará mañá contra Italia. O equipo dirixido polos seleccionadores Elena Pérez e Marcial González enfrontaba o torneo con moitas baixas, pero tamén moita ilusión xa que este encontro se disputaba en Galicia. As locais partían como favoritas por xogar na casa e polo ... Leer más
24/05/2013
ITALIA, CLASIFICADA PARA A FINAL DO IV NACIÓNS
Italia deu a sorpresa ao clasificarse para a final do IV Nacións de Balonmán Feminino que se está a disputar en Carballo. A selección italiana superou a Cataluña (23-22) nun apertado encontro no que houbo moitas alternativas no marcador. Na primeira parte ía por diante Italia, con curtas vantaxes, pero chegaron ao descanso con empate (11-11). Na segunda metade, Cataluña logrou poñerse por diante pero non tivo acerto para pechar o partido, que se lles fixo ... Leer más
24/05/2013
PLAN DE TRANSPORTE PARA AS ESCOLAS QUE PARTICIPARÁN EN BALONMÁN NA RÚA
No texto anexo tedes o plan de transporte para as escolas deportivas que participarán no Día de Balonmán na Rúa, que se celebrará o día 26 de maio en Pontevedra (Ciudad Infantil Príncipe Felipe).
23/05/2013
RECEPCIÓN NO CONCELLO DE CARBALLO ÁS SELECCIÓNS DO TORNEO IV NACIÓNS
RECEPCIÓN NO CONCELLO DE CARBALLO ÁS SELECCIÓNS DO TORNEO IV NACIÓNS
O Concello de Carballo ofreceu o venres 24 unha recepción ás seleccións participantes no Torneo Internacional Feminino IV Nacións, que se celebrará os días 25 e 26 de maio nesta localidade.
23/05/2013
CALENDARIO DO DÍA DE BALONMÁN NA RÚA
O Día de Balonmán na Rúa celebrarase o próximo domingo 26 de maio na Ciudad Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra. A continuación tedes o calendario dos partidos a desenvolver na dita xornada.
23/05/2013
O IV NACIÓNS DE BALONMÁN FEMININO REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA EN CARBALLO A GALICIA, CATALUÑA, EUSKADI E ITALIA
O Torneo Internacional de Balonmán Feminino IV Nacións, que se celebrará esta fin de semana en Carballo, reunirá ás seleccións de Galicia, Cataluña, Euskadi e Italia. Galicia defende o título acadado o pasado ano en Lleida. O IV Nacións dará comezo o vindeiro sábado coa disputa das semifinais que enfrontarán ás 18:30 horas no Pavillón Vila de Noia ás seleccións de Cataluña e Italia, mentres que o debut de Galic ... Leer más
23/05/2013
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DE VERÁN DO BALONMÁN XIRIA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DE VERÁN DO BALONMÁN XIRIA
Xa está aberto o prazo de inscrición da 20 edición das Escolas de Verán do Balonmán Xiria, que se desenvolverán entre o día 1 de xullo e o 30 de agosto. O prazo permanecerá aberto ata que estén cubertas todas as prazas existentes nas diferentes quendas (250 prazas).Vinte anos de experiencia avalan o bo facer das actividades estivais organizadas por Escolas de Balonmán Xiria, onde os nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2009 (ambos inclusive) ... Leer más
Outras Noticias
VII CAMPUS JUAN DE DIOS ROMAN
CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS 2013

Cpto. Galego Seleccións Provinciais 2013

TORNEO 4 NACIONES
HANDBALL 2013
CAMPUS IFEVI
Mes anterior   Febrero 2012   Mes siguiente
L M X J V S D
    01 02 03 04 05
06 07 08 09 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29        
             

Contador

2542346

Usuarios Rexistrados

Usuario
Contraseña

DCL Informática