16/05/2012 |
CAMBIO DOS HORARIOS DO SECTOR B DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL MASCULINO
|
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer os novos horarios do sector B do Campionato Estatal Infantil Masculino, para evitar que coincidirán cos horarios da xornada da Fase Final do Campionato Estatal Xuvenil Masculino.
A continuación, podedes descargar a nova programación horaria.
|
16/05/2012 |
O 24 DE MAIO FINALIZA O PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS AO MELLOR DEPORTISTA EN IDADE ESCOLAR
|
O próximo día 24 de maio finaliza o prazo para presentar candidaturas ao Mellor Deportista en Idade Escolar, convocado polo Consello Superior de Deportes.
As candidaturas deberán se presentadas ante a Secretaría Xeral para o Deporte, que será o organismo responsable de elixir a candidatura que posteriormente presentarán ante o CSD.
A continuación, tedes a documentación necesaria sobre a convocatoria do premio e o ... Leer más
|
15/05/2012 |
O XOVES 17 DE MAIO CELEBRARASE EN PONTEVEDRA A QUINTA EDICIÓN DO “BALONMÁN NA RÚA”
|
O próximo xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase a quinta edición do “Balonmán na Rúa” na Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra. Este torneo, organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación Provincial de Pontevedra, reunirá a 1.101 nenos e 143 monitores das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia. Durante a xornada lúdico-deportiva -de 10:30 horas a 19:30-, os rapace ... Leer más
|
15/05/2012 |
O SÁBADO 23 DE XUÑO, ASAMBLEA ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
|
Xa hai data para a asamblea da Federación. O próximo día 23 de xuño celebrarase á asamblea ordinaria da Federación Galega de Balonmán, que fora retrasada para evitar que coincidira cos sectores finais das diferentes competicións.
Desta forma, os asambleistas están convocados o día 23 de xuño ás 16:30 horas en primeira convocatoria, e trinta minutos máis tarde en segunda convocatoria no Salón de Actos da Casa do Deport ... Leer más
|
14/05/2012 |
PROGRAMACIÓNS HORARIAS DA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL INFANTIL MASCULINO
|
A Federación Española de Balonmán deu a coñecer as programacións horarias, datos das instalacións e das reunións técnicas correspondentes á 2ª Fase ou Fase Zonal do Campionato Estatal Infantil Masculino da presente tempada 2011/2012, que se celebrará do 18 ao 20 de maio.
O sector A celebrarase en Pontevedra coa presenza do Teucro, mentres que no sector B, que terá lugar en León, participará o BM Cangas.
|
|